Thursday 02 de May de 2024

O pleno aproba novas obras por importe de case 900.000 euros


O Goberno municipal aprobou no pleno a realización de diversas obras e servizos por importe total de 886.056,57 euros. En concreto trátase da renovación das redes de e pavimentos das rúas Fraternidade e Amistade, o cambio do peche do Parque José Martí, a creación dunha aula de estudo na Biblioteca Rialeda e o acondicionamento da rúa Subiña e acceso ao novo campo de fútbol do norte do municipio.

No pleno de hoxe aprobáronse tamén outros asuntos como a modificación de crédito para gastos de enerxía eléctrica ou a inadmisión da petición de anulación dunha sanción imposta pola Policía Local a un condutor por conducir baixo os efectos das drogas.